Blogia
La Torre de Hercules

¿Eres musico coruñes? ¿Quieres ser la BSO de un video?:-).

El Blog de Os Mallos ofrece la oportunidad de publicidad a los musicos que asi lo deseen. Os pongo el texto ( en gallego, pero en la pagina original existe la opcion de traduccion ):

" O Blog Barrio dos Mallos ten por costume elaborar vídeos musicais sobre o barrio, xa van varios e moitos máis virán. Para elaborar os vídeos que están por vir, o Blog cambia a súa forma de actuar e cederá libremente a parte musical dos vídeos para a promoción da música elaborada polos grupos da cidade.

Se queres que o teu grupo apareza na sección "Música" e que algún dos vídeos do Blog Barrio dos Mallos leve a música do teu grupo, utiliza o Formulario de Contacto para solicitalo.

Todos os grupos participantes serán engadidos á sección "Música" deste Blog e nela, poderán incluir unha ligazón ó seu espazo web, engadir unha imaxe ou logo, facer unha descrición do grupo, etc., é dicir, promocionarse gratuitamente. Será a partir dos grupos presentes nesta sección, onde a Administración do Blog escollerá a música para cada vídeo. Por diferentes motivos, non se pode garantir que todos os grupos participantes vaian a saír nalgún dos vídeos que se elaboren, pero si que se garante a súa presenza e promoción na sección "Música", que inclúe saír na portada do blog durante alomenos unha semana.

Ó comezo de cada vídeo, indicaranse os datos do grupo autor da música.

Terán preferencia os grupos que teñan algún tipo de relación co barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación.

Non importa o estilo de música nin a lingua empregada na letra das cancións.

"

0 comentarios