Blogia
La Torre de Hercules

Como facer un comic.

Directamente de mi mail:

Guión: LEWIS TRONDHEIM e SERGIO GARCÍA
Debuxos: SERGIO GARCÍA
Cor: LOLA MORAL
Tradución: DAVID GIPPINI
Encadernado en cartoné. Cómic
80 páxinas en color. 22x29 cm.
Dispoñible en:
-Galego: “Como facer un cómic”. ISBN 978-84-96957-58-9
-Castelán: “Como hacer un cómic”. ISBN 978-84-96957-59-6
Prezo: 15 €

Lewis Trondheim e Sergio García alíanse neste álbum para
explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como
construir unha páxina, a composición das viñetas e a súa
función narrativa, os tipos de planos, a descomposición do
movemento, os criterios para escoller un bo enfoque das esceas,
a forma dos ‘bocadillos’ ou ‘globos’ a través dos cales se amosan
os diálogos entre os personaxes; tamén se expoñen os métodos
para expresar sentimentos e emocións a través de onomatopeas
e outros elementos gráficos, ou como plasmar o paso do tempo
mediante recursos como o flash-back.

O cómic “está moi presente nas librarías, nas bibliotecas e nos
currículos escolares, pero son moitos os que se confesan
incapaces de comprendelo”, apuntan os autores. Para establecer
as bases da aprendizaxe, escritura e lectura do xénero,
FAKTORÍA K presenta este libro lúdico e didáctico para descubrir
a súa trastenda e animar os seguidores a iniciarse nas súas
técnicas e códigos artísticos. Guionista e debuxante aportan a
súa experiencia directa e comparten os seus coñecementos
sobre o mundo da historieta.

LEWIS TRONDHEIM (Fontainebleau, Francia, 1964)
Lewis Trondheim -pseudónimo de Laurent Chabosy- estudou
Publicidade e iniciouse no eido da Banda Deseñada a finais dos
anos 80, coa edición dun fanzine e posteriormente dunha
revista. Nos anos 90 traballou con outros debuxantes no
chamado Estudo Nawak; froito dese traballo xurdiu en 1992 a serie protagonizada por Lapinot. A súa
traxectoria profesional está vencellada a editoriais como Delcourt, onde publicou unha serie de heroes
fantásticos e obras dirixidas ao público infantil-xuvenil. Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio
Oup de Coeur de Angouleme (1994), o Totem de Banda Deseñada do Salón de Montreal (1996), o Premio
á Mellor Serie en Angouleme por “Lapinot” (2005), a Orde de Cabaleiro das Artes e das Letras (2005) e o
Gran Premio da Vila de Angouleme (2006).

SERGIO GARCÍA (Granada, 1967)
Sergio Sánchez García estudou Artes Gráficas; actualmente é profesor na Facultade de Belas Artes de
Granada e impartiu conferencias sobre cómic en institutos e institucións de países como Bélxica ou
Marrocos. Traballou para empresas de comunicación, xornais e revistas, medios audiovisuais e editoriais: a
revista “Viñetas” e a miniserie “Amura” publicadas por Glenat. A súa traxectoria orientouse cara ao
mercado francés; tivo moito éxito no Festival de Illzach polo álbum titulado “Utopía”, ao que lle seguiron
“Mons olimpos” e colaboracións con autores como Lewis Trondheim ou Dexter London. Tamén destaca pola
súa faceta investigadora en torno aos códigos da banda deseñada, os ritmos e a simultaneidade narrativa.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres