Blogia
La Torre de Hercules

VI Encontro Galego da Ilustracion.

Desde mi correo:

"

O "Observatorio da Ilustración" denuncia o uso indebido de imaxes en internet, onde non se respectan os dereitos de autor.

MAX E ALTUNA, ESTRELAS INVITADAS AO

VI ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN

Santiago de Compostela, sábado, 31 de outubro de 2009


Benqueridos amigos,

Dende o gabinete de prensa de AGPI, achégovos información sobre os invitados que participarán no VI Encontro Galego de Ilustración que organiza a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), e que se celebrará na cidade de Santiago de Compostela o próximo sábado, día 31 de outubro, na Fundación Caixa Galicia, sita na Rúa do Vilar,19, ó que pregamos a vosa asistencia co fin de cubrir ó acto.

No correo electrónico adxuntamos información da Rolda de Prensa celebrada hoxe en Santiago de Compostela, a biografía dos convidados: MAX: http://es.wikipedia.org/wiki/Max#Biograf.C3.ADa e ALTUNA: http://es.wikipedia.org/wiki/Horacio_Altuna e dúas fotos da Rolda de Prensa para a súa posible utilización na prensa escrita.

Max, Premio Nacional de Ilustración Infantil; e Horacio Altuna, premio ao mellor Album Extranjero do Festival de Angulema, participarán no VI Encontro Galego de Ilustración que se celebrará o próximo sábado, 31 de octubro, en Santiago de Compostela, co obxectivo de transmitir as súas experiencias como profesionais da ilustración en senda charlas e de paso analizar nunha mesa redonda o primeiro informe elaborado polo Observatorio da Ilustración Gráfica. O estudo ofrece un diagnóstico sobre a situación desta industria e os principais problemas que afectan a este colectivo de profesionais. Ante todo, pola influencia da entrada das novas tecnoloxías.
Na Rolda de Prensa, celebrada esta mañá, Manel Cráneo, director do Encontro e vicepresidente da FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais), Henrique Torreiro, xerente da Fadip, e SantyGutiérrez, presidente da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) coincidiron en denunciar o uso indebido de imáxes en Internet, onde non se respectan os dereitos de autor, xa que, como norma, "e por poñer so un exemplo, os ilustradores de viñetas de prensa, deixan de percibir as retribucións económicas ás que terían dereito por ver as suas imaxes publicadas tamén na rede e que suporían doblar o seu soldo".

Os representantes deste colectivo queixáronse polo que, na actualidade, segue a ser outro dos seus principais problemas: os contratos ilegais aos que , en moitos casos, lles someten as editoriais, con claúsulas abusivas que non respectan a lei da Propiedade Intelectual.
Manel Cráneo subraiou que "o acordo marco suscrito hai anos entre os editores e ilustradores xamáis se respectou, incluso moitos dos ilustradores galegos traballan sen contrato".
O informe del Observatorio foi elaborado por unha comisión de 20 profesionais, entre ilustradores, directores de arte de empresa e asesores legais da talla de Forges ou Miguelanxo Prado.
ENCONTRO
A xornada do sábado comezará ás 10:15horas, cunha proxección audiovisual e a intervención do ilustrador de proxección internacional, Max. Seguirálle unha actuación musical: Crexendo A Modo, á que seguirá unha charla co tamén internacional Horacio Altuna. Con posterioridade, celebraráse un coloquio sobre o estado actual da profesión e, para finalizar, pola tarde, unha comida de fraternidade.







Para calquera dúbida ou máis información, non duden en dirixirse ós telefonos ou emails:

Manel Cráneo, Director do Encontro, 607 732 393 - encontroilustracion@agpi.es


Fernando Esclusa, Gabinete de prensa AGPI, 666 469 005 - comunicacion@agpi.es


Grazas anticipadas por facer eco desta actividade.


Fernando Esclusa
Gabinete de prensa AGPI "

0 comentarios