Blogia
La Torre de Hercules

Max en el VI Encontro Galego de Ilustracion.

Directo y aun caliente de mi mail:

"

Dende o gabinete de prensa de AGPI, achégovos o información sobre o comezo de VI Encontro Galego de Ilustración que organiza a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), e que se está a celebrar na cidade de Santiago de Compostela hoxe, na Fundación Caixa Galicia, sita na Rúa do Vilar,19.

 
Tamén adxunto foto do encontro: autor da foto: Suso García
Por orde, de izquierda a dereita:
- Manel Cráneo. Vicepresidente da FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e vogal da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).
- Santy Gutiérrez. presidente da AGPI
- Horacio Altuna. presidente da APIC (Asociación de Profesionais da Ilsuración de Catalunya)
- Henrique Torreiro. xerente da FADIP
- Max. presidente da FADIP.


MAX: É TRISTE QUE ME PAGUEN MÁIS POR FALAR DA MIÑA OBRA QUE POR FACELA".

 
O famado debuxante gráfico, Max (Barcelona, 1956), inaugurou coa súa charla o VI Encontro Galego de Ilustración falando da súa extensa obra e os entresixos desta arte, a Ilustración. Cunha veintena de álbums de cómic publicado, obtivo o Gran Premio do Saló del Cómic de Barcelona (2000) e o Premio Ignatz (EEUU, 1999). En 2002 foi seleccionado para a exposición Maitrês de la bande dessinée européenne (Biblioteca Nacional de París).
 
a orixinalidade
Max explicou aos presentes a súa idea  de estilo. "O estilo, ou o que é o mesmo, a personalidade do autor ou a  súa orixinalidade é o que máis lles preocupa aos xóvenes que comenzan". Para el, o estilo é o reflexo da personalidade de cada quen e se leva dentro dende que se nace "aínda que esixe pelear moito para buscalo", apostillou.
"Para iso -afirmou- hay que buscar fora para darse conta do que tes dentro e, para elo, fai falla tempo e copiar moito dotros autores". Na súa idea de creación hay, sobre todo, un método válido: "o ensayo-error".
 
búsqueda
Dende os seus comezos ata a actualidade, Max, explicou que nunca deixou de buscar ese "santo grial" que pensa que sempre hai que andar a súa procura, ainda que, recoñece que "nunca se atopará. O importante, entonces, será o camiño que se percorre, as súas curvas e, sobre todo, as súas encrucilladas, para ir forxándose a sí mesmo y a carrera de cada un".
Así, asegurou que nese buscar e atoparse, surxen, na súa propia experirencia, moitos estilos e califica a súa obra conxunta como moi heteroxénea, xa que "intento facer un estilo propio diferente para cuando traballo para a prensa, outro cuando fago un cómic e outro para dibuxar a portada dun grupo musical".
 
"copia vs. plagio"
Para Max, a copia é o "primer acto estilista soberano". "Ninguén -asegura- debería ter medo de copiar. Este término non ten moi boa fama, pero é o que se leva facendo dende o principio dos tempos". Max dixo que o arte é, en esencia, copia do anterior e así sucesivamente, ata que hai cambio de ciclo e por iso de tendencias ou estilos.
"Compre copiar e de moita xente, eso sí, afirmou, sen caer no plaxio, outra cousa non asumible a nivel artístico". Do mesmo xeito, Max asegurou que é o único ou un dos únicos ilustradores que non ten reparos en dicir que sempre copiou a outros autores. Así, preocúpalle moitísimo que ninguén o copie a el, xa que, "debo ser malísimo", bromeou. Referentes de Max son Brueghel, Doré, Totentanz, Bosch, Grosz.....
Outro dos temas que criticou foi "a pouca cultura visual dos dibuxantes de cómic", xa que compre, segundo as súas verbas, mamar do arte en xeral; da pintura, hasta da literatura.
 
Cultivarse
En resumen, Max convidou aos presentes a que seguiran buscando o seu "santo grial" e a "cultivarse": "o mundo e amplio e moi diverso e hai que ter curiosidade, e é esta a que fai que non nos quedemos parados. E necesario - afirmou- buscar e tamén buscar en mundos diferentes da ilustración". Recoñeceuse como "vagabundo artístico" polo seu "ir de un lado a otro, no debuxo".
 
Independencia
"Vivimos en un medio continuamente contaminado -relatou- e nos temos que mover nel para chear o noso estómago. A miña experirencia é mercar nichos de tempo con traballos menos artísticos para poder facer o que quero: debuxar cómics". Recordou a época dos anos 80 "onde se podía vivir fdo cómic" e suliñou que agora a autoedición neste tipo de publicacións  sexa o que "pode dar máis reputación".
Así bromeu dicindo que "estoume dando conta que coa soia reputación tamén se pode vivir, é triste, pero real, que me paguen máis por falar da miña obra que por facela". Recoñeceu que a autoedición e de difusión moi limitada "a pesar do cal a sego defendendoa. En épocas é bo sacarte mortos de encima", en relacións a traballos feitos e sen saída comercial. Por último, relatou que hai que ser cambiante, xa que "a previsibilidade é o que pode matar a un artista".

 

MANEL CRÁNEO: (organizador das xornadas, vicepresidente de FADIP e vogal da AGPI)  "O OBXECTIVO DO ENCONTRO É FORTALECER OS LAZOS DOS ILUSTRADORES GALEGOS POR MEDIO DA CORDIALIDADE".
 
Manel Cráneo, organizador deste VI Encontro de Galego de Ilustración afirmou que "a premisa deste encontro, nestos 6 anos de bagaxe, foi sempre fomentar a cordialidade poor riba de todo", xa que asegurou que tan só con comunicación e entendemento entre o sector é posible crear unha forte rede para establecer as bases que nos permitan loitar polos dereitos inalienables na creación con solidez e madurez.
"Nestes anos -recordou- conseguiuse consolidar unha actividade que trouxo por Santiago a grandes figuras e tamén técnicosw do noso medio e que, por outra banda, permitiunos disfrutar de algo, que hai anos, cando algúns comezábamos na ilustración era impensable, era un lonxano sono.
 
SANTY GUTIÉRREZ (presidente da AGPI):
"ARREDAREMOS AOS MALIGNOS TRASGOS E ÁS TARIFAS ´MINÚSCULAS".
 
Pola súa parte, Santy Gutiérrez, comparou o VI Encontro Galego de Ilustración coa celebración do Samaín: "unha actividade de profunda raigame pagana, como a nosa reunión, para facer desta xornada de festa e de ritual, na que celebramos a nosa amizade e exorcizaremos aos demos que nos acechan como profesionais".
Asi, tamén, en referencia aos maltreitos dereitos de autoría e tarifas mínimas que editoriais e axencias ofrecen, Gutiérrez, alegorizou "espantaremos aos malos fados que veñen do mundo infernal e toman corpórea faz na forma de contratos abusivos e ilegais; arredaremos aos malignos trasgos e ás súas tarifas minúsculas". "
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres