Blogia
La Torre de Hercules

Rumores y expectativas de Viñetas desde el Atlantico 2005

Leo en Banda Deseñada el siguiente texto ( en gallego, pero es facil de entender, animaos a probarlo ):

" En agosto de 2005 volta "Viñetas desde o Atlántico" e o seu director, Miguelanxo Prado, cóntanos que esta edición presentará creadores situados a ambos lados das marxes que separan a BD comercial e a obra de autor.

Este ano "Viñetas desde o Atlántico" moverase, en palabras do seu director, Miguelanxo Prado, "nas marxes", tentando dar cobertura a autores e obras que se saen, por motivos diversos, dos cauces máis habituais do mundo do cómic, e tamén presentando creadores que se moven a ambos lados da "marxe" que divide a BD de autor da BD comercial.

Viñetas desde o Atlántico celebrarase entre o luns 15 e o domingo 22 de agosto de 2005, nas ubicacións das últimas edicións (Kiosko Alfonso, Pazo Municipal, dependencias da Rúa Durán Loriga) xunto co complexo comercial e pazo de congresos e exposicións "Palexco", situado no porto, onde antigamente ficaba a estación marítima. A feira de venda estará como sempre ubicada nos Xardíns de Méndez Núñez.

Como ven sendo tradicional desde a súa fundación, o festival coruñés ten como condición básica para o convite de autores que aporten orixinais para as exposicións, sen dúbida un dos reclamos máis fortes do evento. Os convidados desta edición de 2005 serán Purita Campos, Ventura, Javier Olivares, George Pratt, Enrique Breccia, Raquel Alzate e Fran Bueno.

Os convidados

George Pratt é un autor norteamericano que Prado encadra nunha "rama pictórica" próxima a autores como Dave McKean. Pratt participa de cando en vez en proxectos do mercado comercial como o superheróico pero tamén leva pola súa conta unha produción totalmente persoal. O director de Viñetas afirma que "como acuarelista ten unha técnica espectacular". O último libro publicado por Pratt é "War" e entre outros traballos anteriores cóntase unha carpeta de serigrafías titulada "Trincheiras", arredor tamén da temática bélica. Prado está convencido de que esta será unha das máis espectaculares mostras de orixinais do salón.

Enrique Breccia, fillo do ilustre autor Alberto Breccia, é en parte un caso oposto de "estar ás marxes" respecto de George Pratt: Leva toda a vida traballando cun estilo persoal, aínda que fixo algún proxecto máis divulgado como "Alvar Mayor", e unha vez curtido no xénero, entra no "mainstream". Hai uns anos participou na antoloxía colectiva de Batman "Black & White" (branco e negro), que incluiu autores atípicos para o mercado comercial americano. Entre eles contáronse Otomo ou Liberatore, e o mesmo Miguelanxo Prado fora convidado. A raiz dese primeiro contacto xurdiron outros e agora Enrique Breccia leva un tempo, aos seus cincuenta e tantos anos, facendo produción para a DC Comics. O debuxante arxentino debuxou a adaptación da ficción biográfica "Lovecraft", para o selo Vertigo desta editorial.

Raquel Alzate recibiu o premio á mellor autora revelación no Salón de Barcelona deste ano. "O feito de ser muller xa supón estar nas marxes", afirma Prado, quen ademais sinala que "comeza a ser máis común que os autores, como no seu caso, procedan de Belas Artes". Ao director de "Viñetas desde o Atlántico" chámalle a atención a temática escollida por Alzate, de ambientación medieval e con espada e bruxaría. Tamén subliña que ela traballa directamente en soporte dixital, aínda que non o pareza nunha primeira ollada, e explica que "Ela usa os medios dixitais como unha ferramenta máis pero con mentalidade artística e creativa, non industrial".

Haberá unha exposición de Francisco Bueno Capeans, basicamente centrándose na serie "Noble Causes" que deseñou para Image, pero incluindo tamén outros traballos. Prado sinala o feito sorprendente de que Bueno estivo afincado en Francia e no tempo que viviu alí acabou colaborando para unha serie dos EEUU en troca de para a industria gala. "Está nas marxes por ese feito de estar entre Francia, EEUU e Galicia, de onde procede e onde agora está de novo asentado".

Estase ollando a posibilidade de facer unha exposición arredor da revista "BD Banda", a raiz do premio recibido en Barcelona, que aínda non está confirmada. Para Prado a condición de "marxe" neste caso, radica que "en Galicia non hai as canles lóxicas nin institucionais nin comerciais, e é alucinante que os autores teñan que autopublicarse".

Javier Olivares é un autor español cunha obra única e intransferible, aclamado polos profesionais aínda que con pouca obra comercial, algunha ela de carácter infantil.

Ventura, do antigo tándem Ventura e Nieto, que traballa en "El Jueves" e que foi un dos primeiros que apostou polo esquema de cómic dentro da revista, ten na impronta surrealista a súa "marxinalidade".

Purita Campos, autora de "Esther" e de cómics para a audiencia feminina entre os setente e os oitenta, tivo que emigrar a Londres para poder vivir do seu traballo e desde alí coñeceu o éxito. Coa súa presenza na Coruña rescátase a última historieta feminina feita en España, agora de actualidade por mor dunha ampla reedición en castelán.

Outras exposicións

Haberá unha mostra do Capitan Trueno, polo aniversario do personaxe. O director do salón di que "Non está á marxe mais era obrigada polo seu protagonismo na historia do cómic ibérico". Exporanse tamén orixinais da última edición do certame do INJUVE, como é habitual en "Viñetas", e unha asociación filatélica da Coruña organizou unha mostra de selos de todo o mundo protagonizados por personaxes de cómic.

Os premios

Aínda non se sabe con certeza como se vai organizar a entrega de premios do concurso de tiras contra o sexismo do Concello da Coruña nin o galardón de BD "Castelao" da Deputación da Coruña. O I Certame Castelao, que concederá un só premio de seis mil euros, ten convocado o xurado para finais de xullo, pero para "Viñetas desde o Atlántico" hai, como explica Prado, "un problema de intendencia": Se se deixa a entrega do premio para o sábado, o día "grande" do festival, non vai haber posibilidade de manter o suspense do fallo, porque se supón que unha das exposicións do festival é precisamente a do libro gañador do concurso.

En canto se perfilan estes últimos detalles, xa sabemos a groso modo o que podemos esperar desta nova edición de "Viñetas desde o Atlántico". A cita, na Coruña, a partir do 15 de agosto. "

Recapitulemos la lista de invitados, que es lo que interesa, junto a las exposiciones; porque comprar tebeos es lo de menos. Asi a ojo y de forma muy personal, espero tener tiempo libre para ver con calma la exposicion del Capitan Trueno. La de sellos puede estar bien. Supongo que ambas estaran en Duran Loriga, pero es simplemente una especulacion mia. De entre los autores:

* Purita Campos. No, no os voy a decir que Esther fuese mi primer amor, pero si fue una primera amiga. Cuando podias leer ( disimulados entre cosas mas viriles ) tebeos "para chicas" sin que te miraran mal.

* Enrique Breccia. Alvar Mayor, ah, Alvar Mayor.

* Raquel Alzate. Me gusto el Cruz del Sur ( que tengo dedicado, por cierto :-) ), no tanto por el guion, previsible y sencillo como corresponde al primer tomo de una historia; como por su dibujo. ¿Como describirlo? Quizas diciendo que si, que las viñetas de bosque resultan tan agobiantes y ominosas como el guion indicaba.

Evidentemente, todas las opiniones son personales, que ancha es Castilla y cada uno prefiere a sus autores preferidos, toma redundancia.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

4 comentarios

taby21 -

Viene purita?? Por favor que día estará en Coruña??

Serafín -

Interesante concepto de "estar na marxe", pero sen ser un marxinal.

Iñigo Montoya 2 -

Nunca mejor dicho: Como desees, milady :-).

sigrid -

ven capitan trueno..y haz q gane el bueno :P
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres