Fin de semana medieval en Betanzos.
Os dejo el programa de la X Feria Franca de Betanzos:
"
21,00 h. O Señor de Andrade honra a tódolos seus súbditos coa súa chegada a esta Real Cidade e solicitará a Ilma, Sra. Rexedora a apertura dunha FEIRA FRANCA MEDIEVAL.Ante este anuncio, celebraranse os actos de encarceramento dos campesiños rebeldes. As mozas plebeas e campesiñas ofrecerán unha Danza Campesiña. A continuación leerá o pregón D. Luis Gorrochategui Santos, escritor e Historiador, Profesor de Filosofía no Instituto,. Francisco Aguiar de Betanzos. Rematará o acto coa a apertura da X Feira Franca Medieval, pola Ilma. Sra. Rexedora do Concello de Betanzos, Dona. Maria Faraldo Botana. Antes de descender as autoridades do balcón do Concello as mozas liberadas nas terras del Al-andalus, ofrecerán unha Danza Moura.
23,00 h. Rememoración do incendio na Cidade no ano de Deus de 1569, co salvamento de bocois de viño, escena que será representada na Rúa Travesa pola Asociación Cultural e de Medio Ambiente “ALBOIO”.
00,30 h. Especimen na praza da Constitución espéctaculo de lume, zancos, música a cargo do Grupo de Teatro La Recua.
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, etc., actuando por toda a Feira o Grupo de música ACIBREIRA, pasarrúas inaugural, A VISITA DA MARQUESA, AS SIAMESAS e O REO, espectáculos a cargo do Grupo LA RECUA, RODESINDO DA BARROSA e o TRATANTE do Grupo VOLTA E DALLE, o HOME ORQUESTA e xogos malabares de COTË. Tamén durante toda a tarde exhibición de tiro con arco e cetrería no Adro de Santa María. E na Praza da Constitución haberá un lanzador de coitelos e malabarista.
SABADO 7 DE SANT-IAGO
10,30 h. Repique de campás e apertura das paradas
11,00 h. Comezarán a percorrer o mercado o afiador Rodesindo da Barrosa e o Tratante e do Grupo de música Acibreira..
12,00 h. O Grupo La Recua percorrerá o mercado con pasarrúas de cómicos e músicos
12,30 h. O Grupo La Recua ofrecerá por todo o mercado a Visita de la Marquesa, espectáculo de escenas de integración do público cos cómicos.
13,00 h. Chegada a Porta da Ponte Nova das tropas mouras ó mando de Yussuf Hammar para recoller as doncelas nobres e plebeas que a Cidade de Betanzos ten que entregar ó Califa de Córdoba. Os mouros subirán ata a Praza da Constitución, onde se fará a entrega das doncelas. Haberá Danzas Mouras e unha escena da entrega e da loita dos cidadáns de Betanzos contra dos mouros para liberalas. Esta escea está desenrolada polas xentes de Betanzos e está baseada na historia da Cidade.
18,00 h. Apertura do Mercado cos Grupos de Música Acibreira e do Grupo La Recua con pasarrúas con cómicos e músicos.
19,00 h. O Grupo La Recua percorrerá o mercado co espectáculo Las Siamesas con escenas de integración do público.
20,00 h. Espectáculo de malabares de Coté, na Praza da Constitución.
21,00 h. O Grupo La Recua fará as delicias do público coa escena de El Reo, un preso que fuxe entre o público buscando a súa colaboración. 21,30 h. Espectáculo de Rodesindo da Barrosa e o Tratante, na Praza de Fernán Pérez de Andrade “O Bo”. 24,00 h. Auto de fé, xuizo e queima da bruxa na Praza da Constitución a cargo de “Teatro del Azar”.
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabares, músicos, etc., actuando por toda a Feira o Grupo de Música “ACIBREIRA·”, Grupo de Teatro “LA RECUA”, VOLTA E DALLE, malabarismo por COTÉ e O HOME ORQUESTA. Tamén haberá durante todo o día exhibición de tiro con arco e cetrería na Praza de Santa María. E na Praza da Constitución haberá un lanzador de coitelos e malabarista.
DOMINGO 8 DE SANT-IAGO
10,30 h. Repique de campás e apertura das paradas
11,00 h Comezará a percorrer o mercado o afiador Rodesindo da Barrosa e o Tratante, pasaruas a cargo dos grupos de música “Acibreira” e Art-Monium.
12,00 h. O Grupo La Recua percorrerá o mercado con pasarruas de cómicos e músicos
12,30 h. Na Praza da Constitución, danzas a cargo da Escola Municipal “Azougue”.
12,30 h. O Grupo La Recua deleitará o público co espectáculo de “Visita de la Marquesa”. 13,00 h. Espectáculo de Malabares por Coté na Praza da Constitución.
13,30 h. Escena de expulsión dos leprosos que desenrolarán as xentes de Betanzos rememorando un feito da historia da Cidade.
18,00 h. Apertura do mercado polos Grupos de música Acibreira o Grupo de Teatro La Recua e o Grupo de música Art-Monium e os xogos malabares de Coté.
19,00 h. Espectáculo de Rodesindo da Barrosa e o Tratante na Praza da Constitución.
19.30 h. O Grupo de Teatro La Recua, percorrerá o mercado co espectáculo Las Siamesas. 20,00 h. Torneo Medieval a cabalo na Praza Irmáns García Naveira, con exhibición de Aves de presa e Tiro con arco. Espectáculo de danza a cargo das mozas colaboradoras da Organización.
21,30 h. Espectáculo do Dragón de Lume na Praza da Constitución polo Grupo Art-Monium. 22,30 h. O Grupo de Teatro La Recua ofreceranos o espectáculo do Paseo da Bruxa.
Espectáculo de lume e pirocténia que recrea a estampa dos encausados da Inquisición
24,00 h. Fogos de artificio e peche da X Feira Franca Medieval de Betanzos.
Durante toda tarde haberá espectáculos de malabares, música, etc., actuando por toda a Feira os Grupos ACIBREIRA, ART-MONIUM, VOLTA e DALLE, LA RECUA, COTÉ e o HOME ORQUESTA . Tamén haberá durante todo o día exhibición de tiro con arco e cetrería na Praza de Santa María. E na Praza da Constitución haberá un lanzador de coitelos e malabarista.
¡Qué vivades unha maravillosa X Feira Franca Medieval 2007! ¡Ata o ano que ven! "
0 comentarios