Blogia
La Torre de Hercules

VI Encuentro de FADIP.

Directamente desde mi correo:

"

CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA:

CAFÉ DO CASINO (RÚA DO VILAR, 35 - SANTIAGO DE COMPOSTELA)

MÉRCORES, 28 DE OUTUBRO DE 200912:00 HORAS

              

Dous autores de proxección internacional, Max (Barcelona, 1956), e Horacio Altuna (Arxentina, 1941), participarán nas xornadas.

Os ilustradores galegos analizarán en Santiago a problemática do sector en Galicia.

Con estas xornadas inician a presentación da publicación: "Observatorio da Ilustración Gráfica: Informe 2008", promovido pola FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales), que máis tarde será presentado noutras cidades españolas.

 

 

O vindeiro mércores, 27 de outubro, celebrarase en Santiago de Compostela unha rolda de prensa para presentar os contidos do VI Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), que contén a máis de 120 profesionais do sector.

 

 

Por sexto año consecutivo, o derradeiro fin de semana de outubro consolídase como unha data de referencia para o sector da ilustración gráfica profesional en Galicia. Autores de diferentes especialidades, que proceden de todos os lugares da xeografía galega, reúnense en Santiago de Compostela para avaliar o estado da profesión e para abordar os diferentes aspectos técnicos e problemáticos en torno a ela.

Na rolda de prensa deste VI Encontro, participarán Manel Cráneo, director do encontro e vicepresidente de FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais), que presentará os contidos desta xuntanza; Henrique Torreiro, xerente da FADIP e, finalmente, Santy Gutiérrez, presidente da AGPI  (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), avaliarán o progreso do asociacionismo deste sector además de presentar o libro Observatorio da Ilustración Gráfica: Informe 2008.

 

Na Rolda de Prensa invitarase aos asistentes a un almorzo de cortesía e repartiránse exemplares dos libros Observatorio da Ilustración Gráfica: Inforem 2008 e Guia AGPI de Ilustradores Galegos, polo que contamos coa vosa presenza.

Grazas polo voso apoio. "

0 comentarios