De jovenes, reclamaciones idiomaticas y Torres de Hercules.
Leo esto en El Ideal Gallego:
" REPORTAXE DE MARINO PÉREZ
Os alumnos de percorreron as rúas da cidade ao longo da mañá SUSY SUÁREZ |
Tanto a Torre como a zona que a circunda podería ter sido unha boa escolla para localizar unha película fantástica ( xa o foi, pois eche onde o Papa Alexo recluta o Capitan Alvariño ). A escea de onte tiña algo de clásico, de batalla épica coma xurdida de “The Lord of the Rings” -”O señor dos aneis”-. Ver a un fato de rapaces -da orde de 4.000- ( non e por nada, mais segundo a RAG, fato1s.m. Conxunto de animais (especificamente, gando), persoas ou cousas. Un fato de bois. CF. manda, rabaño. Un fato de homes. SIN. grupo.CF. feixe. Un fato de canas. SIN. feixe. )de toda a comarca da Coruña correndo na mesma dirección iría ben co lema “unha língua para unilos a todos”, en troques da xoia que unía aos da novela de Tolkien ( unilos, unilos...¿non a querian tirar nun volcan? ). “Mi tesoro...”, tería que dicir algún dos secundarios( ¿Gollum secundario? Unha espada, dademe unha espada...). Esa língua, ese tesouro, é o galego e a frase, a que apela á unidade polo idioma, é do presidente da RAG -Xosé Ramón Barreiro- . E o motivo da “carreira” -máis ben foi paseo- que se pegaron os rapaces onte foi a terceira edición do Correlingua. Este era un ano especial polo acontecido desde hai un par de semanas, cando o novo presidente da Xunta anunciou a súa intención de derogar o decreto do galego nas aulas. “Non me parece lóxico que agora vaiamos cara atrás”, comentaba un profesor a outro compañeiro. “É que xa fumos cara atrás ho, soamente con que a alguén se lle ocorrese propoñer esa burrada”, replicaba o outro docente, en referencia á medida que propón adoitar Núñez Feijóo. Pero se os máis vellos amosaban sensación de agravio e enfado, os pequenos exhibían outra cara. Será que as formas de reivindicar as cousas son distintas segundo a idade, ou que a carraxe contra a clase política todavía non chegou ás aulas ( ou sera que estaban ahi por ser outra actividade escolar mais... ), pero os alumnos, que andaban máis que correr pola cidade, onte non tiñan dúbida: “O galego non está imposto coma língua, en tal caso o estará o castelán”. De súpeto, na metade do camiño, soou unha gaita. A que tocaba era unha rapaza que lembraba aos pequenos o que non facía falla, que a xornada era de festa. I é que cando un venres non hai “cole”, a “carallada” ven dada. Quizáis por ese motivo un grupiño de compañeiras da “gaiteiriña” arrincáronse coa pandeireta. Cantar cantaban case todos, algúns arengas en favor dun idioma que mirándoos semella difícil que desapareza ( enton, no necesitaria linguas especiais, digo eu ;-) )e outros tirando máis cara ao cancioneiro popular. O “Bailaches Carolina” semella que aínda está de moda ( ou o estara ata que alguen diga que e discriminatorio e machista... ). O camiño transcorreu segundo o previsto. Baixada por a rúa de Panaderas, chegada a Méndez Núñez e unha vez alí concerto gratuito e representación teatral. Nos xardíns chegou a dispersión, a música e os políticos( ¿politicos nunha actividade presuntamente escolar? Teño medo, miña naiciña ). Os representantes do BNG no Concello asomaron polo parque coruñés. Foi Ermitas Valencia, a edil encargada de Normalización Lingüística, a que asegurou que “a polémica do topónimo e a do decreto do galego só pretenden tapar a falla de medidas contra a crise do PP”( Iso, sen facer politica a conta dun dos dous idiomas de Rosalia ). Uns poucos metros lonxe dela etaba a responsable de Cultura, María Xosé Bravo, quen cun ton eufórico mandou unha mensaxe a Feijóo: “Contra o galego, ten a batalla perdida”. Había tempo para todo, ou polo menos iso pensaban tres mozas coruñesas que decidiron pintar un anuncio nas súas camisolas: “Se busca chico cachondo soltero”( ¿Asi, en castelan? ;-) ). Claro, como eran regaladas, non habería bronca ao chegares á casa. Para elas, e o resto, foi unha xornada de festa, de reivindicaciós e de paseo. "
0 comentarios