VII ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN
CONVOCATORIA
ROLDA DE PRENSA
PRESENTACIÓN DO
VII ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN
organiza AGPI
-Asociación Galega de Profesionais da Ilustración-
CAFÉ CASINO
RÚA DO VILAR, 35
SANTIAGO DE COMPOSTELA
MARTES, 26 OUTUBRO. 12:00 HORAS
Asistirán:
Manel Cráneo (Director do Encontro Galego de Ilustración e vicepresidente da FADIP
-Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales, a nivel estatal- e Santy Gutiérrez (Presidente da AGPI -Asociación Galega de Profesionais da Ilustración-).
Este VII Encontro centrarase na problemática dos dereitos de autor en torno ao libro dixital. Os convidados deste ano serán Paula Jiménez de Parga, directora da VEGAP, a sociedade que xestiona os dereitos de autor dos creadores visuais; Elena Odriozola, reputada ilustradora, Sandra López, axente; e José Vicente Quirante, director da Fundación Arte y Derecho.
Adxúntase a esta convocatoria díptico informativo do Encontro.
Convidarase aos periodistas asistentes a café, e faráselles entrega
do catálogo da exposición de marcapáxinas E ata aquí podo ler,
patrocinado polo Concello de A Coruña.
0 comentarios